14/6/12

ASUBÍOS 49

Aquí recóllese o traballo dos profesores e alumnos realizado ao longo do curso 2011-2012.


23/5/12

Entrega de premios


Hoxe tivemos a entrega de premios do concurso Artístico-literario no edificio de usos múltiples do concello.Este concurso está organizado polo concello e este ano participaron os colexios:CEIP Canosa–Rus, CEIP Agualada e o noso centro, CPI Alcalde Xosé Pichel.









O acto foi presentado polo director ,Carlos Fernández coa presenza da concelleira de educación e Clarisa así coma coas coordinadoras de dinamización dos  distintos centros.




A continuación dúas alumnas da ESO pasaron a ler unha pequena biografía sobre o autor homenaxeado este ano:Valentín Paz Andrade.

Por último déronse os agasallos aos nenos premiados.

infantil e primaria







 

17/5/12

Poemas mensaxeiros


O 24 de febreiro celebramos no noso centro o 175 aniversario de Rosalía de Catro.Aquel día saíu do noso centro un fermoso libro cun poema de Rosalía coa idea de que voase de cole en cole recollendo poemas.Ese fermoso libro pedíamos que estivese de volta na semana das Letras Galegas cun poema de Valentín Paz Andrade.
O noso desexo cumpriuse aínda que o percorrido foi bastante escaso.Visitou os centros do concello de Coristanco e o colexio Milladoiro de Malpica.
De todos os xeitos o libro segue a estar fermoso e volverá a voar ata as próximas Letras Galegas.

CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL























Premios Certame Artístico- Literario

Estes foron os gañadores do certame que organiza o Concello entre todos os centros educativos.Dicir que este ano non participaron nin o CRA nin EEI de Oca.
Categoría Debuxo
6º Ed. Infantil  CPI Alcalde Xosé Pichel
Aulas de infantil CEIP Bormoio-Agualada

Mateo Rivera 2º  CPI Alcalde Xosé Pichel
Xosé Camean   CEIP Canosa Rus
  
Alejandro Cancela  4º CEIP Canosa Rus
Daniel  Gende  4º CEIP Canosa Rus

Laura Rodríguez 6ºB CEIP Canosa Rus
Sara García 6ºA CPI Alcalde Xosé Pichel


Alba Abelenda Couto 3ºB  ESO CPI Alcalde Xosé Pichel

Categoría Poesía
Aulas de infantil CEIP Bormoio-Agualada
4º Ed. Infantil  CPI Alcalde Xosé Pichel

Nerea Martínez 2º CPI Alcalde Xosé Pichel
Ainhoa Río/Martín Zas 1º CEIP Bormoio-Agualada

Victoria Porteiro3ºB CPI Alcalde Xosé Pichel
Alex Velo 4º CEIP Bormoio-Agualada

Lucía Veiga 5º CPI Alcalde Xosé Pichel
Ana Rodríguez  6ºB CPI Alcalde Xosé Pichel


Judit Martínez Pérez 2ºB  ESO CPI Alcalde Xosé Pichel
Daniel Camafreita  2ºB  ESO CPI Alcalde Xosé Pichel

Tania Mourelle 4ºA ESO CPI Alcalde Xosé Pichel
Alvaro Antelo  4ºA ESO CPI Alcalde Xosé Pichel

 Categoría Narrativa
6º Ed. Infantil  CEIP Canosa Rus
5º Ed. Infantil  CEIP Canosa Rus

Aula 2º CEIP Bormoio-Agualada
Alex Mariño 2º CEIP Canosa Rus

Alex Puñal  3º CEIP Canosa Rus
Uxía García 4º CEIP Bormoio-Agualada

David Rodríguez 6ºB CEIP Canosa Rus
Samuel Abelenda 6º CEIP Bormoio-Agualada


Katiana Veiga Espasandín 2ºB ESO CPI Alcalde Xosé Pichel

Categoría Monográfico
  
Aula de 3º CEIP Canosa Rus
  
Patricia Bardanca  5º CEIP Bormoio-Agualada
Daniel Varela  6ºA CPI Alcalde Xosé Pichel


Cintia Riveiro Rojo 2ºB ESO  CPI Alcalde Xosé Pichel

Categoría Cómic
  
Aula de 1º CEIP Canosa Rus
Vanesa Calviño/Antón García
Carlos Riveiro/Iván Fraga CEIP Canosa Rus
  
Fabiola Regueiro 3º CEIP Canosa Rus

Ylenia Calvo 5º   CPI Alcalde Xosé Pichel
Julián Fuentes  5º CPI Alcalde Xosé Pichel


Os premios serán entregados o mércores 23 de maio no edificio de usos múltiples  do Concello.

16/5/12

Dereitos dos libros







O día do libro os rapaces de infantil e primaria comezamos a pensar que dereitos tiñan os libros e decidimos que estes eran os seus dereitos




1-Os libros teñen dereito  a ser lidos.


2-Os libros teñen dereito a que se coiden.

3-Os libros teñen dereito a que a súa maxia se comparta.

4-Os libros teñen dereito a viaxar aos nosos fogares.

5-Os libros teñen dereito a promover o intercambio de culturas,mentalidades e saberes.

6-Os libros teñen dereito a compartir o noso tempo.

7-Os libros teñen dereito a que a xente disfrute e aprenda deles.

8-Os libros teñen dereito a que os seus personaxes cobren vida.

9-Os libros teñen dereito a estar contigo e que abras as súas follas,a non servir de adorno.

10-Os libros teñen dereito a emocionarse e a transmitir fantásticas sensacións.

11-Os libros teñen dereito  a ser compartidos e poseer historias sen fin.

12-Os libros teñen dereito a ser a imaxinación dos nenos.

















10/5/12

Hoxe  queremos felicitar a unha compañeira deste equipo,Mercedes Queixas, polo seu premio.Este fin de semana recibiu o premio AELG 2012 na categoría de ensaio pola obra "Vivir,unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Krukenberg"


          

24/4/12



Hoxe día do libro levamos  a biblioteca ao patio e todos os alumnos compartimos a hora da lectura.Aquí podedes ver con que entusiasmo lían dende os máis pequenos ata os maiores.


















23/4/12


Esperamos que igual que esta data que foi tan importante para LINGUA GALEGA  a de hoxe, día do libro, o sexa para este novo blog que hoxe presentamos.
Neste blog trataremos de informarvos e guiarvos pola nosa cultura galega,dende o equipo de normalización.